Plano contorna do novo edificio do Concello de Vilaboa.

O edificio, financiado pola Deputación sen préstamos nin hipotecas para o Concello, resolverá a carencia de equipamentos públicos en Vilaboa

O Concello de Vilaboa confía en que o futuro edificio multiusos que se construirá no Toural a través do Plan Reacpon contribúa de xeito definitivo a dinamizar a actividade sociocultural do municipio e remate coa falla de equipamentos públicos para este fin no termo municipal. O novo edificio, concebido tamén como ampliación da Casa do Concello, financiarase íntegramente con fondos da Deputación de Pontevedra a través dunha liña de subvencións destinadas exclusivamente a rehabilitación de edificios municipais, urbanización de rúas e prazas ou construcción de novos equipamentos. O goberno local de Vilaboa decidiuse por esta última opción xa que ese novo edificio, cun deseño moderno e funcional, permitirá sentar as bases do concepto de transformación no que traballa o equipo de César Poza e que pasa pola creación dun núcleo de centralidade no Toural que concentre servizos de todo tipo.

Os saneamentos e abastecementos son servizos básicos que ainda non chegan a moitos lugares do municipio, e para os que os orzamentos municipais reservan partidas anuais co obxectivo de ampliar as redes existentes con novos ramais que avancen ata cubrir todo o territorio de Vilaboa. O programa REACPON non pode ser solicitado para a dotación destes servizos, nin para pavimentación ou parques. “Non nos podemos permitir perder ningunha subvención. Temos moito por facer e hai que aproveitar todas as oportunidades de investimentos no noso municipio que se nos presenten”.

César Poza ten claro que Vilaboa non podía deixar escapar a ocasión de contar cun equipamento financiado integramente pola Deputación de Pontevedra, sen aportación algunha por parte do Concello. “Teremos ese novo edificio sen préstamos, sen débedas e sen ningunha hipoteca para as arcas municipais. Os cartos apórtaos ao 100% a Deputación e o Concello solo pon os terreos a súa disposición”, apunta.

Estas obras enmárcanse tamén nas distintas inversións que ben facendo o goberno local en edificios públicos como o antigo Concello ou o pavillón do Toural. Neste caso as inversións no pavillón foron de 63.000 euros no ano 2021 e outra de case 50.000 aprobada en pleno para este ano 2022. Máis de 100.000 euros inverstidos nestes dous últimos anos. César Poza adianta que ano 2022 vai ser “de moitos proxectos e de moita inversión, que xa iremos contando a medida que se concrete”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *