A alcaldesa de Marín, María Ramallo.

O Concello de Marín aposta pola creación dunha «entidade supramunicipal» que se encargue da xestión da auga nos concellos da ría, como son Pontevedra, Sanxenxo, Poio, Vilaboa e o mesmo Marín. Sobre todo, explican, «despois da entrada en funcionamento das obras executadas a través de ACUAES, onde xa nos convenios aprobados e asinados viñamos obrigados».

Despois de varias reunións nas que estiveron presentes onde estando presentes Augas de Galicia e ACUAES, engaden, concluíuse que todos os concellos están a favor de iniciar este «proceso que, sen dúbida, clarificará enormemente para todos os concellos as mesmas regras de xogo e non se farán convenios diferenciados entre concellos».

«Haberá que analizar cuestións diferenciadas, como o custo do fornezo da auga a cada un dos concellos que depende dos bombeos» pero «hai temas que son comúns a todos» o que dá opción a que «un ente xestor encárguese precisamente de todas estas peculiaridades», analizan desde o goberno local.

Aseguran que Augas de Galicia tratou de unificar en varias reunións e de dirixirse aos distintos concellos para botar a andar este órgano e tratar de que exista un organismo que regule aos concellos da ría que se abastecen do Lérez e do encoro de Pontillón, infraestruturas como a EDAR que foron construídas por Augas de Galicia nun primeiro momento e ampliadas a través das obras financiadas a través dos convenios que con ACUAES e estes concellos na parte correspondente a cada un dos concellos das dúas marxes da ría.

Valoran que este ano foi «especialmente difícil» coa intensa seca lograr seguir dando unha subministración de auga nos meses de verán e mesmo no mes de setembro xa que o elevado consumo, as temperaturas altas, os turistas que incrementan a poboación nestas datas e as necesidades que cada ano auméntanse o uso de auga necesitaron dunha especial coordinación de todos os concellos que, de maneira útil, estiveron todos á vez marcando as mesmas medidas de contención. Refírense a actividades de uso sanitario, industrial pero sobre todo primando o uso doméstico que non fallou en ningún momento.

O éxito das obras levadas a cabo a través do Convenio con ACUAES facilitaron que sempre houbese auga, con caudal e presión suficiente que permitiu que, aínda que seguimos estando nunha situación de prealerta, as medidas non houbese que tomalas de maneira máis drástica.

Desde Marín aseguran que tratarán «de dar pasos tal e como lle manifestamos a Augas de Galicia nosa vontade de participar nesa constitución de órgano xestor».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *