O día 3 de decembro será o acendido das luces para iniciar un dos meses máis especiais do ano
A Xunta de Goberno Local de Marín adxudicou a Creaciones Luminosas SL a instalación do alumeado de Nadal da nosa vila, por un importe de 72.479 euros.
No que respecta á ornamentación da vila para crear ese ambiente festivo, volverá optarse por un formato híbrido no que destaque tanto o alumeado como distintos elementos decorativos en forma de estacións que se colocarán en distintos puntos do centro urbano.
En canto aos decorados, igual ca o ano pasado, instalaranse distintos motivos navideños, como unhas figuras dos camelos reais, unha recreación dunha vila de Nadal ou o Portal de Belén, entre outros.
Ademais, tal e como se avanzou a pasada semana, tamén se instalará na Alameda
a feira de artesanía.
O día previsto para o encendido será o venres, 3 de decembro.