conc

O Consello Municipal da Muller sentou as bases do contido da declaración institucional e da programación que se levará a cabo eses días para conmemorar unha data tan significativa

O Día Internacional da Muller ca ten definido cal será o colectivo de mulleres protagonista ao que se lles adicará o manifesto institucional e o acto que se realizará no Concello: as mulleres farmacéuticas, un colectivo que no pasado estaba copado polos homes e que a día de hoxe está maioritariamente
representado por mulleres.

Nesta cuestión e noutras que se incluirán nesa declaración estiveron traballando as integrantes do Consello Municipal da Muller, que se reuniron recentemente para establecer as liñas que se queren incluir na declaración institucional que se lerá no acto que se celebrará no Salón de Pleno.

Visibilizar o valor das mulleres, reivindicar o seu espazo igualitario na sociedade e rachar cos teitos de cristal cos que aínda hai que lidiar a nivel profesional son as claves sobre as que se sustentará esa declaración e as actividades que se organicen en torno a esta data, que xa é un día sinalado no calendario de todos os concellos, administracións e para a sociedade en xeral.

Un minuto de silencio en cada convocatoria

Rematada a reunión do Consello, todas as súas integrantes mantiveron un minuto de silencio na escalinata de entrada do Concello para honrar ás mulleres asasinadas pola violencia machista e para evidenciar que esta segue a ser unha lacra social.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *