Os asistentes á reunión para a preparación do San Miguel e San Migueleiro.

Será o luns ás 11.00 horas no Salón de Plenos e se convoca á hostalaría e ao Ateneo Santa Cecilia

A festividade do San Miguel, patrón de Marín, e a súa Danza de Espadas é unha das datas máis significativas no calendario cultural marinense, unha tradición que nos sitúa no mapa e que está declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia. De xeito paralelo, existe a festividade do San Migheleiro, que desde o 2011 vense apoiando sen fisuras por parte do Concello, que se fixo cargo durante todos este anos dos gastos da cartelería, as chapas, as charangas e batucadas, concertos musicais, os dereitos da SGAE, ambulancia, a contratación dun batallaón de limpeza nocturna para que Marín amanecese ao día seguinte en perfectas
condicións…, tal e como sempre se solicitou por parte do “Patonatro” e da hostalaría en xeral.

Ademais, o Concello tramita todas as autorizacións necesarias para a festa, como a ocupación de vía pública para a colocación de barras e música no exterior de cada local, asadoiros e todo tipo de comidas, e organiza os cortes de rúas, as prohibicións e restricións nas saídas e entradas de garaxes, así como o reforzo policial e da brigada municipal de limpeza e de obras para a colocación de vallas.

Chegados a este ano, ao 2023, o Ateneo Santa Cecilia traslada ao Concello de Marín a súa petición de mediar coa hostelería para non facer coincidir ambas festividades, xa que o “Patonatro” deixou a súa actividade no 2022.

As razóns do Ateneo son que dentro da celebración do San Miguel convidarase a unha danza branca doutro concello de Galicia para que faga a súa representación o sábado pola tarde na Alameda e que o domingo moitos dos locais de hostalaría que participan no San Migheleiro permanecen pechados.

Por iso, mantívose unha reunión con ambas partes na que o Concello mediou para poder chegar a un acordo de datas. Desa reunión, resultou a decisión de celebrar San Migheleiro o sábado anterior ao 29 de setembro, Día de San Miguel, e a Danza de Espadas e o acto institucional o domingo posterior ao 29.

Neste ano, coincidiría a celebración do San Migheleiro o 23 de setembro e o San Miguel o 1 de outubro, de tal forma, ademais, que a hostalaría poida aproveitar dúas fins de semana en setembro con gran actividade na vila, o que lles repercute moi favorablemente a nivel económico.

O Concello manifesta claramente que fixar a data na que se celebre dita festividade non é importante para nós, mais si é esencial saber cando se vai levar adiante a festa por toda a organización e contratación que fai o Concello, tal e como se menciona ou inicio desta nota de prensa.

Nova reunión coa hostelería e o Ateneo Santa Cecilia

Ante as polémicas xurdidas e con ánimo de mediar, o Concello anuncia a convocatoria dunha nova reunión con toda a hostalaría e o Ateneo Santa Cecilia, coa finalidade de que poidan decidir que data será na que finalmente se celebre o San Migheleiro.

A reunión será o luns 28 de agosto ás 11.00 horas no Salón de Plenos do Concello de Marín.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *