O concelleiro coa organización na presentación de onte no Concello.

Será un encontro amistoso que se despurará no Pavillón da Raña o sábado 26 de agosto ás 19.00 horas

O balonmán volverá respirar na vila de Marín este sábado, 26 de agosto, no Pavillón da Raña coa celebración do encontro amistoso que se desputará entre o Balonmán Cangas (Liga Plenitude Asobal) e o Vitória Sport Clube (Liga Placard Andebol).

O encontro foi presentado onte no Concello, coa presenza do concelleiro de Deportes, Antonio Traba; o presidente do club cangués, Alberto González, o adestrador Nacho Moyano e os xogadores Moisés Simes e Rares Fodorean. Moyano, así como o presidente, quixeron mostrar o seu “absoluto agradecemento ao concello marinense por cedernos as instalacións” e explicaron que este tipo de encontros se deslocalizan da vila canguesa “para poder espallar este deporte por todo o territorio, como é neste caso Marín, unha vila que forma parte do Morrazo e que polo tanto tamén forma parte de nós”. Desde o club morracense, cren que
será unha gran oportunidade para desfrutar “dun balonmán de moita calidade”, enfrentándose a un rival cun gran nivel.

Pola súa parte, o concelleiro de Deportes mostrou a súa “total colaboración para seguir facendo iniciativas deste tipo” e lembrou o pasado no balomán na vila, xa que agora mesmo é un deporte que non se practica, “pero quen sabe se partidos coma este son esa mecha que axuda a que se reactive este deporte aquí, como tantos outros que temos”. A entrada ao Pavillón será libre.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *