Será o xoves de 19.30 a 20.30 horas, na Alameda

O Concello de Marín sumarase á convocatoria realizada por un grupo de comerciantes da vila, que ese xoves, 17 de marzo, convidan tanto a membros doutros negocios e comercios coma a nivel individual, a participar nunha concentración na Alameda, de 19.30 a 20.30 horas, polo inasumible coste da luz.

Esta convocatoria, na que tamén se convida a todos aqueles que queiran participar a apagar a luz durante ese tramo, nace de varios comerciantes despois de que estiveran levando a cabo esta iniciativa de maneira individual. Agora, queren facelo de xeito conxunto para mostrar o rexeitamento a unha situación que abafa ao pequeno e mediano comercio, a emprendedores, autónomos e fogares en xeral.

Para mostrar o seu apoio, o Concello apagará a fachada do edificio consistorial e a farola da Praza de España, así como algúns puntos da contorna da Alameda.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *