Paseo y arenal de Rodeira.

Ante a repentina aparición de verquidos voluminosos e de diferente índole na desembocadura do río Saíñas en Rodeira desprazaronse ata este entorno o técnico municipal responsable da Limpeza Viaria así como membros de Protección Civil. Tras realizar as inspeccións oportunas conclúen que os sacos de plástico cheos de terra teñen a súa orixe nas barreiras instaladas pola veciñanza desta contorna hai xa moitos anos para realizar unha barreira natural de contención de cauce do río, debido ás continuas anegacións que provocaba.

Todo parece indicar, segundo as persoas que realizaron a inspección, que foron o cambio do cauce do Saíñas e as mareas vivas dos últimos meses o que provocou que quedaran ao descuberto estes residuos.

Na zona na que que apareceu o verquido é de competencia de Augas de Galicia na desembocadura do Saíñas e de Costas do Estado na parte do arenal polo que o Concello deulle traslado a ambas administracións para que implementen unha solución urxente ou autoricen ao Concello a proceder á limpeza.

A retirada dos voluminosos sacos require a presenza na area de maquinaria pesada capaz de retirar todo o aparecido, polo que o Concello de Cangas urxirá hoxe luns a Costas e a Augas de Galicia a axilizar a autorización pertinente e imprescindible para proceder á retirada de todos os restos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *