O medallista cangués Rodrigo Corrales.

Este sábado, día 14 de agosto de 2021, ás 12.00 horas, o Concello de Cangas vai
facer a recepción oficial aos medallistas olímpicos Teresa Portela, Rodrigo
Corrales, Iván Villar e Rodrigo Germade.

O acto terá lugar na Explanada das Naves de Ojea e para poder asistir será
necesario facer reserva na Casa da Xuventude de Cangas ou a través do teléfono
986 39 21 64 co horario de atención o público de 10.00 a 13.00 horas.

Por temas de seguridade e protocolo sanitario, as prazas serán limitadas, polo que
fan hincapé en facer a reserva con anterioridade para poder acudir o acto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *