Foto de familia ao peche do Torneo.

Non foi fácil pero conseguírono porque a causa merecíao. Os 24 equipos que o pasado domingo participaron no Torneo Solidario de Pentanca organizado pola Asociación Española Contra el Cáncer de Cangas puxeron todo do seu parte para que saíse adiante a pesar de que o terreo non tiña as condicións adecuadas debido á choiva da madrugada anterior. Aínda así, houbo foto de familia desta edición e a mesma solidariedade que nas anteriores ocasións.

Entre as asistentes, a alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, que arroupou o encontro en todo momento.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí