Asamblea celebrada no salón de plenos do Concello.

O Concello de Cangas decidiu estes días abordar a problemática da falta de socorristas para este verán despois de que a empresa que os achegaba rescindise o contrato que tiña co consistorio. Para iso, organizou unha asemblea aberta para todos aqueles cidadáns interesados en exercer este traballo nos areais cangueses durante os dous meses e medio de tempada estival. En total asistiron 28 persoas, das que só 10 tiñan o título de socorrismo para poder comezar a traballar. O obxectivo, abordar os problemas que vén arrastrando o servizo e buscar saídas á falta de socorristas. Para iso, o Concello, a través dos edís presentes Mariano Abalo e Aurora Prieto, expuxeron a vontade de contratar 23 socorristas e 2 patróns, tres menos dos que demanda a Asociación de Socorristas Profesionais do Morrazo (ASPOM), representada polo seu presidente, Mauro Fernández, e a súa secretaria, Cristina González, para cubrir «adecuadamente» os areais de Cangas.

Fernández expuxo na asemblea a necesidade de cubrir o servizo nun mínimo de 4 puntos con socorristas, aínda que o ideal serían seis: un punto debería poñerse en Rodeira, outro en Nerga, outro en Melide e outro en Areabrava. Outros puntos moi recomendables serían Liméns e Menduiña. Mentres que as praias con embarcación de emerxencia deberían ser Rodeira, Nerga e Areabrava pola afluencia e o terreo que abarcan.

Outro dos asuntos importantes que ocupou gran parte do tempo foron os soldos, un dos motivos, explicaron os asistentes, que provoca esta escaseza de socorristas neste municipio fronte a outros donde o salario é moito maior. Neste sentido, expúxose a posibilidade de que o Concello pagase un mínimo de 1.500 euros netos mensuais, cuestión que os concelleiros quedaron en valorar e estudar, do mesmo xeito que a posibilidade de que estes traballadores sexan «fixos descontinuos». Para o Concello, un asunto que debe ser » negociable» aínda que «respectable e coherente» e debe adaptarse á nova normativa. Como opción, expuxeron estudar a fórmula que está a levar a cabo o Concello de Oleiros a través do «funcionario interino». A este motivo únese tamén a tardanza na saída dos cursos de formación e o seu alto prezo.

A este respeto, unha das asistentes solicitou un «plus ou curmá» para os socorristas que traballen na praia de Melide «polo seu difícil acceso e a súa distancia» ou, como alternativa, que o Concello poña o transporte aos profesionais para chegar ata este areal. O presidente de ASPOM recalcou a necesidade de cubrir correctamente esta praia por ser a «máis perigosa das existentes no Concello de Cangas».

Tamén se expuxo a necesidade de máis embarcacións (actualmente só hai unha) e patróns como medios básicos de Salvamento en areais aos que só se pode acceder por mar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *