Concello de Cangas.

O Concello de Cangas establece unha convocatoria de subvencións para o ano 2022 cun crédito total de 10.000 euros co fin de cofinanciar cursos e talleres das asociacións de veciños, por levar a cabo actividades públicas de interés local e que promoven a participación veciñal.

A contía máxima a subvencionar dependerá dos obxectivos do curso ou taller a levar a cabo. Trátase de actividades dirixidas a persoas maiores para as cales a contía máxima da subvención é 500 € por curso ou taller, obradoiros que incidan na boa saúde (max. 500 €), medioambientais (max. 500€) para cursos de formación ou material de impresión e será de 1.000 € si o taller repercute directamente no coidado, coñecemento e posta en valor dun ámbito a protexer.

O importe da subvención outorgada poderá alcanzar o 100% do custo total previsto de realización da actividade subvencionada. No caso de concorrencia de subvencións, a suma dos importes das axudas concedidas non poderá ser superior ao custo total do curso ou taller.

Tramitaranse por riguroso orde de entrada e concederanse as subvencións ata o remate de crédito. Todas aquelas que non teñan crédito consideraranse denegadas.

Será subvencionable o/os curso/s e/ou taller/es por Asociación de Veciños realizados durante todo o exercicio 2022. No caso de crédito sobrante ou de non chegar a contía máxima na súa solicitude podrá concederse ata un máximo de tres propostas por Asociación.

O pago do importe concedido efectuarase a cada Asociación de veciños seleccionada unha vez que os gastos sexan xustificados.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *