As rúas de Marín engalanadas coas cintas por San Miguel.

Coa chegada de setembro, son varios os eventos culturais e festivos que enchen a axenda da veciñanza marinense: a celebración das festas da patroa esta fin de semana, o noso Día de San Miguel, que será o domingo 29 de setembro, e o San Migheleiro, unha tradición nacida da hostalaría que segue a ter moito seguemento.

Este ano, a festividade será o sábado 28 de setembro e para a súa coordinación, desde o Concello de Marín convocan a toda a hostalaría participante a unha reunión o venres 6 de setembro ás 10.30 horas no Salón de Plenos do Concello de Marín.

O obxectivo será poder coñecer os detalles da Ruta que organizan os bares e que lle deu sentido á festa desde os seus inicios, así como as actividades específicas que vaia realizar cada establecemento.

O Concello tamén coordinará todo o dispositivo de limpeza co obxectivo de que ao día seguinte, celebración do Día de San Miguel e da Danza das Espadas, estea todo en perfecto estado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *