O concelleiro nas obras cos técnicos.

O concelleiro Pablo Novas fixo unha visita de obra, que forma parte do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024.

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, visitou esta mañá xunto co director de obra a actuación de mantemento e mellora da estrada entre Casás e a praia da Coviña. Os traballos, que acaban de arrancar, forman parte do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia.

Tal e como explicou Novas, “esta é unha estrada que ten enorme uso especialmente no verán” e atópase nunha situación degradada, que afecta tanto ao pavimento como ao muro que a sostén. Por iso, a actuación centrarase en reforzalo, ampliar o firme, repavimentalo e mellorar a drenaxe.

Suporá unha inversión de máis de 46.000 euros e está executándose por parte de Construccións Fechi.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *