A entrada será gratuíta até completar aforo, cun máximo de 190 persoas

O Cine de Seixo celebrará o Nadal cunha sesión de cine do máis actual, grazas á organización de Acemas (Asociación de Comerciantes Marín Sur) e a colaboración do Concello de Marín.

Mañá ás 18.00 horas, proxectarase Canta 2, unha película na que un grupo de intrépidos compañeiros de fatigas artísticas tratarán de mostrar o seu show nun importante espazo escénico, apoiándose entre eles e mostrando todo o seu talento.

A entrada será gratuíta até completar aforo, que é de 190 persoas.

Percorrido da Cabalgata

Por outra banda, o Concello segue inmerso na organización da Cabalgata do día 5, que tal e como se especificou a pasada semana será en tres estacións diferentes no casco urbano: na Avenida de Ourense á altura de Nodosa, no lateral do Concello e o inicio de Ezequiel Massoni. En cada unha delas, estará un rei.

Despois, a partir das 20.00 horas, os reis subiranse a uns vehículos para facer un percorrido que pasará polas seguintes localizacións:

●Casco urbano
●Cantodarea
●San Xulián
●Pardavila
●Santomé
●O Campo
●Seixo
●Ardán
●Loira
●Mogor

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *