A competición reunirá a preto de 300 remeiros e remeiras de 22 clubs galegos en máis de 250 embarcacións nunha xornada ininterrompida de regatas
O concelleiro Antonio Traba e os representantes do club de remo Ría de Marín, Alfonso Fernández e José Ramón García González, presentaron oficialmente a V Regata Nostra In Mare Fortuna. Esta quinta edición consolida a proba no calendario do remo de mar galego nesta modalidade de Beach Sprint, destacando polo seu ritmo dinámico e polo seu recente recoñecemento como disciplina olímpica.
A xornada deportiva desenvolverase dende as 10:00 da mañá ata as 19:00 horas de xeito continuado na Praia de Mogor, celebrándose regatas cada 5 minutos con saídas de embarcacións de dúas en dúas.
O evento contará coa participación de preto de 300 deportistas procedentes de 22 clubs de toda Galicia, acadando un total de 250 embarcacións inscritas.
O percorrido das probas constará de 500 metros totais, dos cales os primeiros 250 metros realizaranse en slálom e os 250 metros finais serán en tramo libre..
A regata albergará competicións en todas as categorías (dende categorías inferiores ata veteranos), tanto en modalidades masculinas como femininas, abranguendo probas individuais e en parellas mixtas (nas categorías xuvenil, absoluta e veteranos).

