A cabalgata de Reis no 2020.

O Concello adapta a Cabalgata ás novas restricións para o control da Covid19 e ubicará de 18.00 a 20.00 horas a cada rei nun espazo diferente: no lateral do Concello, na Avenida de Ourense e no inicio de Ezequiel Massoni

O Concello de Marín vén de reorganizar a Cabalgata de Reis para poder adaptala
ás restricións sanitarias para frear a importante vaga de contaxios que hai nestes
momentos. Deste xeito, as tres carrozas dos Reis Magos ubicaranse en distintos
puntos do centro urbano, unha en cada “estación”, o día 5 de xaneiro de 18.00 a
20.00 horas.

Segundo explicou a concelleira de Festas, Marián Sanmartín, os lugares escollidos
para colocar a cada un dos reis serán “na Avenida de Ourense á altura de Nodosa,
no lateral do Concello e o inicio de Ezequiel Massoni”. “Precisamente, eliximos
estes espazos e non a Alameda ou o Parque Eguren porque nestes espazos xa hai
outras actividades e así, de cara ao comercio e á hostalaría, podemos dinamizar
outros espazos e evitamos concentración de persoas nun mesmo punto”,
engadiu.

En cada un destes enclaves, haberá animación e moito control por parte tanto da
Policía Local coma de Protección Civil, para garantir en todo momento que non se
dan grandes concentracións e que a mobilidade sexa fluída. Si que se repartirán caramelos entre os máis pequenos da casa, pero será a través dos paxes reais, con previa desinfección de mans.

Unha vez cheguen as 20.00, as Súas Maxestades subiranse a unhs vehículos para
iniciar un percorrido que transitará polas zonas distintas ás habituais, para
achegar a Cabalgata a todos os lugares, tanto no centro urbano coma no rural.
O obxectivo é que as persoas poidan ver pasar á comitiva real desde as casas, os
balcóns, as ventás…

Por outra banda, tal e como xa se anunciou a principios de semana, a Festa
Infantil de Fin de Ano de mañá tampouco se celebrará do xeito no que estaba
programado. Deste modo, todo se realizará na carpa da Alameda, tal e como vén
funcionando ata agora, que ofrecerá o servizo de ludoteca con música animada e
os nenos e nenas que veñan ese día levarán para a súa casa unha bolsiña de
cotillón.

No que respecta á véspera de Reis, tamén se suspende o Orfeón de Reis de Ardán.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *