O edil e os organizadores presentando a proba.

Este domingo 24 o ciclismo volverá ser protagonista no noso Concello da man do XSM Clube Ciclista, que organiza a SeixoBike 2022, unha proba ciclista de carretera escolar, que contará con máis de 250 participantes.

O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, presentou a actividade no Concello, xunto co secretario da Federación Galega de Ciclismo, David Carrillo; a presidenta da asociación ACEMAS de Seixo, Cristina Souto; a presidenta do XSM Club Ciclista, Irene Trabazo, e o deportista do mesmo club, Zoe del Río.

A proba dará comezo ás 10.00 horas na contorno do colexio de Seixo e contará cunha gincana para os máis pequenos e cunha proba en liña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *