O Concello de Moaña leva a cabo as obras de acondicionamento do Camiño da Cabada no barrio de San Lourenzo. O custe dos traballos, executados pola empresa local Proycon Del Río SL, ascende a 5154, 60 euros (impostos incluídos). A obra consistíu en colocra no vial formigón armado con malla de ferro.
Foi unha proposta trasladada pola Asociación de Veciños Monte Faro de Domaio no Consello Veciñal celebrado o ano pasado na parroquia de Domaio.
Con esta mellora, dí a concelleira de Obras e Servizos, Marta Freire, «cumprimos outro compromiso adquirido coa veciñanza de Domaio».