Os voluntarios co Alcalde e o director xeral de Emerxencias.

A AVPC conta cunha trintena de efectivos que prestan servizo tanto no seu concello como noutros municipios da provincia de Pontevedra

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe as instalacións da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Cangas, onde destacou o importante traballo que levan a cabo os seus membros tanto nas súas actividades de prevención como na intervención en emerxencias, sendo en moitos casos dos primeiros efectivos en chegar ao lugar do incidente.

Na visita estivo acompañado polo alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, e tivo a oportunidade de coñecer as demandas dos voluntarios desta AVPC, que na actualidade conta cunha trintena de integrantes. Trátase dunha das 43 agrupacións que integran a rede de voluntariado de Protección Civil da provincia de Pontevedra, así como das 233 que prestan servizo en toda Galicia.

Santiago Villanueva incidiu no apoio que prestan as agrupacións para reforzar os servizos de emerxencias. Así, no caso de Cangas, os voluntarios da AVPC cooperan cos servizos profesionais na atención ás emerxencias que se produzan no concello. Tamén colaboran, tanto en Cangas como noutros municipios da provincia de Pontevedra, en operativos de carácter preventivo.

Ademais, participan en velar pola seguridade dos eventos previstos no concello e levan acabo unha importante labor de concienciación a través da organización de xornadas de sensibilización e formativas en centros educativos e entidades sociais do municipio.

O director xeral de Emerxencias e Interior destacou o traballo altruísta que realizan cada día os voluntarios de Protección Civil para mellorar a seguridade da cidadanía. Neste sentido, sinalou a importancia da colaboración da Xunta cos concellos para que as agrupacións conten co equipamento e os recursos necesarios que lles permitan realizar as súas funcións con eficacia e seguridade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *