O concelleiro Aldán Santamarina nunha imaxe do seu perfil de youtube.

O grupo municipal do BNG de Moaña decidiu denunciar ao portavoz e edil de Coalición Independiente por Moaña (XM), Javier Carro, polas «calumnias e difamacións» vertidas publicamente contra o conselleiro de Facenda do Concello de Moaña, Aldán Santamarina, onde acusaba o edil de realizar contratacións a dedo de empresas. «Denunciamos as falsas acusacións vertidas polo Sr. Carro sobre os membros deste grupo, rexeitamos a escalada de difamación e faltas de respecto que este concelleiro independente verte sobre o goberno municipal e sobre os distintos colectivos da nosa vila (Asociación de Mulleres de Moaña, S.D. Samertolameu, A. C. A Fontenla, o profesorado do Ceip. Reibón, o persoal municipal…), manifestan desde o grupo municipal nacionalista.

Por todo isto, continúan, Aldán Santamarina, «co respaldo do grupo do BNG», decidiu acudir aos tribunais «polas calumnias vertidas por Carro cara á súa persoa respecto diso da contratación dunha empresa». «Ante estas falsas acusaciones, podemos afirmar que a empresa aludida nunca foi proposta nin contratada polo concelleiro de Facenda, tampouco esta empresa ten ningún tipo de relación familiar con ningún membro do goberno local», afirman no comunicado.

E por último, advirten que «desde o noso grupo non se vai a permitir a ningún membro da corporación municipal no exercicio do seu cargo que se lle falte ao respecto nin difame a ningunha persoa nin colectivo da nosa vila».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *