O PSdeG celebrou hoxe as primarias para elixir Secretaria Xeral da formación, unha xornada que na comarca do Morrazo celebrouse con total tranquilidade e cunha alta participación superior ao 70 por cento. En todos os municipios, Moaña, Bueu e Marín, arrasou a candidatura de Gonzalo Caballero mentres que en Cangas fíxoo Valentín Formoso.
Concretamente, en Moaña Caballero logrou o 72,72 por cento dos votos fronte aos 27,27 por cento que apoiaron a Formoso. En Bueu-Marín, que votaron xuntos, tamén saíu Gonzalo como primeira opción co 77 por cento das papeletas mentres que Valentín logrou o 23 por cento restante.
Os socialistas cangueses, pola contra, preferiren que alcance a Secretaría Xeral Valetín Formoso co 72 por cento dos votos fronte ao 28 que conseguiu Caballero.