O Concello de Moaña busca novo fogar para este burro fariñento. Un veciño do municipio non pode seguir facéndose cargo del e pediu ao goberno local que lle dea difusión para conseguir a algunha familia que queira seguir coidándoo. Por este motivo, un cartel coa súa foto está colgado nas redes sociais do Concello desde esta mañá e, a xulgar polos comentarios da publicación, xa ten moitos novi@s.
As persoas interesadas poden pedir información na concellería de Urbanismo e Medio Ambiente. En calquera caso, e segundo informa o edil Odilo Barreiro, o vindeiro martes poñeranse en contacto coas persoas que a través de Facebook ofrecéronse a quedar co burriño.