O Bng Cangas presentou antes do comezo das olimpiadas unha serie de propostas que non se chegaron a materializar mais aló do izado da bandeira olímpica no balcón da casa do concello. Eran propostas, din, «en positivo» para despedir e desexarlle sortea os nosos deportistas e poñer en valor que un concello de 26.500 habitantes contara con catro olímpicos, o maior porcentaxe por habitantes de todo o estado. Agora cumpre parabenizar e agradecerlles pola proxección de Cangas a nivel internacional.
Así, os nacionalistas volven a solicitar ao goberno local que se organice un acto de recoñecemento e posta en valor da representación canguesa, como exemplo dos valores que conleva o deporte a todos os niveis: superación, disciplina, hábitos saudables, socialización…
A portavoz da formación, Mercedes Giráldez, informa de que «enviei persoalmente nota de parabéns aos catro olímpicos en nome propio e do meu grupo porque o merecen e estamos moi orgullosas de todos eles».