Estado no que se encontraba a depuradora de Donón en xuño de 2020.

O BNG de Cangas a comprobación do funcionamento da estación de bombeo de Donón e un informe por escrito da situación actual, así como as comunicacións que se puideran recibir no concello por parte doutras administracións. Aseguran os nacionalisntas que nestes días as veciñas e veciños de Donón trasladaron ao grupo municipal que se están a producir novos verquidos no rego procedentes desta instalación de bombeo.

«Esta situación xa se denunciou con anterioridade e a resposta foi que non se dera nengunha incidencia. Nesta ocasión os veciños contan con gravacións onde se pode comprobar os verquidos, o último deles o 8 de agosto», explican dende o BNG e engaden que os veciños trasladan tamén que chamaron ao 112 para comunicar a situación personándose na zona o Seprona.

No pleno do 7 de xullo de 2020 aprobouse un proxecto de “Conexión Fosa Donón á Rede de Saneamento Viñó” elaborado por ESInPro S.L en data febreiro de 2020 , cun orzamento de execución material de 87.723,87 euros, así como a execución inmediata por parte da UTE das obras. «Tendo en conta a actuación realizada as incidencias que se están a dar na estación de bombeo son inadmisibles», concluen.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *