Despliegue que tivo lugar hoxe na Avenida de Vigo polo caso de violencia de xénero.

O primeiro dos casos saltou o redor da unha da tarde nunha vivenda da Avenida de Vigo, á altura do número 10. Segundo a Policía Local de Cangas, unha muller denunciou o seu compañeiro sentimental, duns 50 anos de idade, por unha presunta agresión. O home, visiblemente tranquilo, abandonou a vivenda minutos despois nun coche da Policía Local que o conduciu ata o cuartel da Garda Civil da localidade. O suceso provocou unha gran expectación no edificio e na contorna xa que tanto Garda Civil como Policía Local acudiron á alerta coas sirenas e a toda velocidade.

Tan só unha hora e corenta e cinco minutos despois, saltaba outra alarma tamén por violencia de xénero. Neste caso na Regueira, onde unha muller denunciaba estar a recibir ameazas dun home, que se encerrou na casa e negábase a saír. Ata o lugar tamén acudiu a Policía Local e a Garda Civil, que tamén fixose cargo do ocorrido.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *