A portavoz do BNG cangués, Mercedes Giráldez, xunto á Alcaldesa.

Considera que a súa actitude «infantil» e de «revanchismo» terá consecuencias sobre a cidadanía

O Grupo Municipal do Bng de Cangas, ante os posicionamentos do PP e do PSdeG que denominan «infantís e de revanchismo» arredor dos orzamentos municipais e o «vitimismo» do grupo de goberno de Ace, quere facer un exercicio de «reflexión pública das funcións dereitos e deberes que debemos ter os membros electos da corporación municipal».

Como xa indicaron en varias ocasións, «é imprescindible contar cuns novos orzamentos municipais que den resposta ás necesidades do concello e chamamos á responsabilidade de todas e todos para que a veciñanza non pague as consecuencias da desfeita política deste concello cun grupo de goberno que actua con prepotencia e vitimismo en minoría e unha parte da oposición actuando irresponsablmente. Un pouco de sentido común e servicio público».

O goberno local actual, formado por unha minoría dos membros da corporación (por decisión propia), debe negociar e achegar posturas para acadar os votos necesarios que lles permitan sacar adiante os asuntos imprescindibles para o labor de goberno, nesa posición minoritaria resulta imposible actuar e xestionar sen contar co resto dos grupos municipais, están obrigados a abrir procesos de diálogo. Así mesmo, continúan, os grupos políticos que formamos a oposición municipal tamén temos a obriga moral e ética de abrirnos a ese diálogo e negociación polo Interese Xeral da cidadanía canguesa.

Engaden que «a estas alturas xa toda a veciñanza coñece as limitacións do goberno e o posicionamento dalgúns grupos da oposición que se negan ao diálogo e bloquean o labor do goberno por resentimentos persoais ou intereses partidistas que únicamente castigan á veciñanza». En canto ás declaracións do PP ligando estes orzamentos 2022 a que alcaldía presente unha cuestión de confianza cando «saben perfectamente da imposibilidade legal de presentar unha cuestión de confianza no último ano de mandato de cada corporación é unha saída en falso ante a veciñanza a unha situación de bloqueo por intereses partidistas».

«Tiveron tempo dabondo e contaban co apoio incondicional do psoe (como así se
demostrou en varias ocasións nos debates plenarios) para presentar en prazo unha moción de censura cun candidato ou candidata alternativos pero non o fixeron polo desgaste que suporía electoralmente ao igual que ao PSOE, que na súa posición de vitimizarse pola súa saída do goberno só actua con revanchismo infantil e asfixia ao goberno sen decatarse que é a veciñanza quen paga as consecuencias».

O Bng de Cangas, en contraposición, recorda ue «leva traballando nestes anos con responsabilidade, asistindo ás mesas de diálogo, presentando iniciativas e propostas para cubrir as necesidades e demandas que as veciñas e veciños nos trasladan e carencias que detectamos. Prevalece o sentido común e altura de miras para antepoñer o interese xeral ante o interese partidario».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *