O BNG de Cangas califica de «broma» o cese de sólo dous concelleiros do PSdeG de Cangas polos problemas na praia de Rodeira e advirte de que «todo o goberno está implicado». «Aquí están implicados todos», din os nacionalistas.
«Turismo e Servizos que pretendeu avalar as actuacións cunha autorización de limpeza, Desenvolvemento Local pola súa implicación e intento de manipulación das asociacións de comerciantes para presionar (como no Plan Concellos nas súas propias palabras), Obras por non vixiar as actuacións e participar xunto co resto de concelleiros do PSdeG na chantaxe coa hostelería e comercio e a Alcaldía que asinou e non se preocupou de preguntar e facer seguimento das actuacións que se iban facer na praia desde fai tempo non na última semana escudandose que non estaba presente», especifican e engaden que «un goberno non pode ser áreas pechadas e un salvese quen poida».