Un centear de persoas asistiron ao acto ás portas do centro de saúde actual o pasado 16 de outubro.

O autobús que pon o Concello de Moaña para que os veciños que queiran poidan asistir gratuitamente á manifestación do próximo 14 de novembro en Santiago en defensa da sanidade pública xa non ten máis prazas libres. Se esta mañá aínda quedaban unha decea, a última hora da tarde agotáronse.

O bus, da empresa Benito García, ten previsto o seguinte itinerario. Partirá ás 10:00 horas do cámping de Tirán, continuará ás 10:05 ata a Praza de Abastos , ás 10:10 na de Suárez (Meira, Parada antes do Recuncho da Xoubiña) e ás 10:20 horas, última parada, recollerá aos pasaxeiros no parque do Almacén, en Domaio, fronte a igrexa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *