Os traballos realizaranse nun período de dous meses e serán executados pola empresa Miguel A. Monroy Lorenzo
O Concello de Moaña, a través da concellería de Medio Ambiente, adxudicou á empresa Miguel A. Monroy Lorenzo por 4.392,30 euros a limpeza dos ríos Fraga e Inferno durante os próximos dous meses.
Os traballos consistirán na retirada de árbores mortas e podas das árbores que impiden o acceso á canle e que, ademáis, reducen a súa capacidade da canle. Tamén sacarán los elementos arrastrados pola corrente que obstrúen neste momento o camiño da auga así como aproveitarán para a retirada dos elementos de degradación ou contaminación do río que se atopen depositados no leito e nas marxes. Todo elo sen retirar nin actuar sobre os sedimentos.