Estado no que quedou o vehículo tras o impacto.

O condutor dun vehículo resultou ferido tras chocar o seu coche na PO-551, na curva de acceso á recta da Borna, en Moaña, e tivo que ser trasladado en ambulancia ao hospital.

Segundo informacións policiais, o coche que circulaba en dirección Vigo chocou en primeiro lugar co gardarraíl dereito e, posteriormente, acabouse cruzando na estrada ocupando todo o carril contrario.

Ocorreu ás 21:00 horas e ata o lugar trasladouse a Garda Civil e unha patrulla da Policía Local que se encargou de dirixir o tráfico.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *