Un momento da charla.

O alumnado do Obradoiro de Emprego do Concello de Marín da modalidade de pesca recibiu esta semana a visita da marca PescadeRías nas instalacións do Espazo Emprendedor de Marín, co obxectivo de ampliar o seu coñecemento sobre o sector e afianzar conceptos sobre captura, trazabilidade ou etiquetaxe dos productos de pesca.

Esta marca é un selo de identidade para a promoción e defensa dos peixes e mariscos procedentes da flota artesanal, cuxa fama de variedade e calidade traspasa as nosas fronteiras. Esta marca xorde desde a Consellería do Mar da Xunta de Galicia no ano 2008 coa idea de que os productos do mar procedentes da flota artesanal poidan ser claramente diferenciados, dentro da variada oferta que presenta un mercado cada vez máis globalizado.

Os productos etiquetados coa marca PescadeRías son, por tanto, unha garantía de frescura e calidade, de respecto ao medio ambiente e de aplicación dunhas prácticas hixiénicas e de manipulación adecuadas por parte das empresas que os puxeron no mercado, e sobre as que aprenderon máis profundamente os alumnos e alumnas do Obradoiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *