O espazo cheo de emprendedores para informarse das axudas.

A Concellaría de Promoción Económica quere dar un acelerón ao emprendemento na vila, ofrecendo gratuitamente o espazo a novos emprendedores, que poderán usalo durante un máximo de dous anos

Marín quere ver crecer a novas persoas emprendedoras e axudar a que desenvolvan o seu proxecto profesional. E para iso, aproveitarase o enorme potencial do Espazo Emprendedor de Innovación Alimentaria, que nas vindeiras semanas estreará unha nova etapa coa vista posta na promoción económica e
profesional de Marín.

Tal e como explica a concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, este espazo “foi concebido para dinamizar a economía local dando apoio a aquelas persoas que queren emprender, fomentando o autoemprego, permitíndolles contar de forma temporal cunha instalación gratis para as súas necesidades básicas no nacemento do seu proxecto empresarial”, priorizando aqueles vencellados co sector da alimentación e da comercialización de productos marítimo-pesqueiros.

Despois de dous anos de funcionamento, a través dun acordo con AJE Pontevedra e cos dous despachos cos que contaba ocupados ata o momento, agora o obxectivo será abrir a instalación a un maior número de persoas emprendedoras, pasando de dous postos de traballo a un total de oito. “Queremos fuxir do concepto de despachos individuais e crear un espaco diáfano con oito postos de traballo que permita aumentar a capacidade do Espazo Emprendedor e que comece funcionar como unha aceleradora de proxectos con futuro”, indicou Rodríguez. Esta modalidade, opina a edil, fomenta tamén as sinerxias entre proxectos.

Ademais do aumento dos postos, haberá tamén un cambio no tempo máximo de permanencia, que se reducirá dos catro anos que estaban estipulados até agora a un ano por proxecto, prorrogable outro máis en caso de necesidade.

“Con isto, o que procuramos fomentar a rotación. A finalidade é que todas aquelas persoas que teñan unha idea e desexen desenvolvela, atopando con iso o seu modo de vida e xerando por tanto un impacto positivo na economía local, poida facelo e para iso hai que dar oportunidades ás máximas persoas posibles”, engadiu a concelleira.

Así, nas próximas semanas publicaranse as novas bases, pero Rodríguez adianta que estos postos, neste caso, non estarán suscritos só aos sectores do mar e da alimentación, senón a todo tipo de iniciativas empresarias, xa que a vinculación co mar e a innovación alimentaria sempre será un puntal do Espazo por todas as actividades paralelas que se organizan na súa cociña.

Unha vez estean publicadas as bases, abrirase un período de presentación de solicitudes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *