O alcalde de Vilaboa, César Poza, respaldou esta mañan á plantilla da escola infantil Galiña Azul situada neste municipio amosando a súa preocupación por como pode afectar tanto o calendario de mobilizacións como o proceso selectivo iniciado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ao funcionamento do centro infantil.
A concentración protagonizada pola plantilla de traballadores e traballadoras busca
visibilizar a súa preocupación polo que perigo que corren os seus postos de traballo tras o anuncio dunhas oposicións de acceso libre. Recordan que no ano 2007 os postos que ocupan foron cubertos a través dun concurso-oposición para a provisión temporal dos mesmos por obra e servizo.
No escrito que presentaron ao Consorcio recordan que eran prazas estructurais, non temporais e que o proceso cumplía os requisitos constitucionais e do Estatuto Básico do Empregado Público. Insisten en que cada un dos traballadores e traballadoras aprobou con praza o devandito proceso selectivo nos correspondentes centros aos que pertencen.
No ano 2008, e tras unha inspección, o Consorcio emitiu resolucións individuais recoñecendo o carácter indefinido non fixo da súa relación laboral. Consideran por tanto que se atopan nunha situación de inseguridade xurídica e laboral.