Dende mañá, día 11 de marzo, moitos establecementos do Morrazo porán a disposición dos seus clientes “paraugas de levar e traer” estreando así o servizo gratuíto de préstamo de paraugas baixo o nome “E se chove… que chova!”

O Comercio do Morrazo, é consciente, de que as veces, os clientes viven unha experiencia incomoda cando tras facer unha compra comeza a chover e non teñen como evitar mollarse. Por este motivo, e para seguir mimando as clientes, dende este venres día 11 de marzo, e progresivamente, o Comercio do Morrazo asociado a Fecimo, disporá de paraugas de cor branca e rotulados para inaugurar o servizo de préstamo de paraugas: “E se chove… que chova!”.

Nunhas datas onde parece que, por fin, a chuvia vai a presentarte como ven sendo típico na Comarca, os Clientes poden estar un pouco máis tranquilos, xa que, se esquecen o paraugas, ou o tempo xira para peorcando están a facer as súas compras, poderán saír do establecemento baixo un paraugas prestado coa única condición de que deben traelo de volta cando escampe.

Este Servizo que comeza este venres día 11 de marzo continuará implantándose en máis establecementos a medida que estes o soliciten a Fecimo. Os establecementos participantes lucirán un distintivo do servizo nas seus escaparates e colocarán a cartelería deseñada por Fecimo co nome da campaña e disporán dun número limitado de paraugas para prestar.

Actualmente son case un centenar de comercios, e cada súmanse máis, os que comezarán a ofrecelo, para isto Fecimo pon a disposición do Comercio Local máis de 1.000 paraugas que en breves comezarán a circulación polas rúas de Bueu, Cangas e Moaña.

Con este servizo, organizado por Fecimo, para os establecementos asociados do Comercio do Morrazo, os establecementos participantes seguen poñendo en valor o mimo polos seus clientes e pola veciñanza, expresando dunha forma cariñosa a súa intención de protexelos, como sempre, en momentos complicados na procura de que eses sentimentos sexan mutuos e que logo veñan de volta.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *