Final da marcha contra os derrubos en Cangas.

Centenares de persoas saíron este domingo á rúa para apoiar ás familias ás que ameaza a picaraña. Contan cunha orde de derriba das súas casas tras 25 anos construídas e buscan unha saída para poder evitar este final. A marcha partiu da rotonda do Gordo e terminou na porta do Concello de Cangas. Alí, do mesmo xeito que na última concentración, afectados como Rosa e a súa familia denunciaron a «inxustiza» que se está cometendo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *