Estivo oito días tentando loitar por sobrevivir pero finalmente a nena de tres anos que o pasado 21 de xullo caeu á piscina do seu domicilio de Cangas, no barrio de Santo Domingo, faleceu nas últimas horas. Os prognósticos xa non eran bos pero tanto persoal sanitario como familiares tiñan a esperanza de que finalmente conseguise salvarse e lamentablemente non puido ser así.
O cadaver será traladado ao Tanatorio de Cangas onde a familia decidiu realizar o velorio na máis estrita intimidade.
O suceso provocou gran conmoción tanto en Cangas como no resto de municipios da comarca ao tratarse dunha nena de tan curta idade.