O Bng de Cangas nun acto esta semana na praza situada frente ao Concello.

A Asemblea local do Bng Cangas celebrada nas últimas horas valorou as dúas propostas recibidas tanto desde o goberno como a presentada desde outra parte como proposta alternativa e afirma que «o Bng no vai entrar no xogo sucio dalgunhas organizacións que conspiran, con trazas de transfuguismo, buscando apoios a unha hipotética moción de censura para formar goberno alternativo contra o grupo que obtivo a maioría dos votos da esquerda, se teñen problemas internos que expliquen claramente que pretenden e escenifiquen a ruptura oficial que vai meses se traslada nos medios e se coñece nos círculos internos e externos.

Tampouco, din, «imos entrar no xogo de formar parte do goberno actual e menos dunha xunta de goberno pois non tería sentido estando na oposición, mais aló de pretender repartir responsabilidades sobre outros eludindo as propias, teñen membros suficientes para celebrar as xuntas de goberno».

No 2019 excluiron aos grupos da esquerda

Lembran os nacionalistas que «dúas organizacións (ACE/PSOE) decidiron no ano 2019 formar goberno en minoría excluindo ao resto de grupos da esquerda, mesmo con insultos e ameazas, os dous grupos teñen a obriga de entenderse, dialogar e seguir traballando para garantir a estabilidade e defender os intereses da veciñanza».

Aun así, manifestan que «o grupo maioritario contarà co Bng desde a oposición como demostramos sempre estando á altura nos asuntos cruciais e beneficiosos para o pobo cangués, presentando propostas en positivo, ideas, capacidade de diálogo e xestión e seguiremos actuando con responsabilidade dando o noso apoio naqueles asuntos e propostas que sirvan aos intereses da maioría social de Cangas e fiscalizando e rexeitando os que consideremos perxudiciais para o conxunto da veciñanza».

«É posible un goberno de esquerdas sempre que exista vontade, lesldade, capacidade e diálogo, como así se pon de manifesto onde lidera os gobernos o Bng», consideran.

Deste xeito, fan «un chamamento ás forzas políticas que no ano 2019 decidiron formar goberno para que fagan un exercicio de reflexión e responsabilidade coa obriga de entenderse e reconducir esta situación. Reprobamos as súas actuacións por non estar a altura do que merece o pobo de Cangas e exiximos que se poñan a traballar sen escusas nin personalismos para resolver os moitos problemas que temos pendentes e reclama a veciñanza».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *