Máis de 400 nen@s dos colexios de Moaña reunironse esta mañá no parque do Concello para asistir á festa
Os xardíns do Concello de Moaña convertéronse esta mañá nunha zona de festa cunha peculiaridade, toda a música foi en galego. E é que a ocasión o merecía. O Concello convocara a todos os coles do municipio para pechar ao grande a campaña «21 días en galego». 21 días nos que os alumnos a partir de terceiro de Educación Primaria tentaron comunicarse únicamente en galego. Un reto que, aínda que non conseguiron todos, si serve para os pequenos familiarícense co idioma e comecen a utilizalo con máis frecuencia.
A música comezou a soar a iso das 11.15 da mañá ante máis de 400 nen@ s expectantes. Tras unhas palabras das autoridades locais, a primeira en romper o xeo foi esta moza do IES AS Barxas que deixou a todos pampos coa súa interpretación da canción «Negra Sombra» de Rosalía de Castro.
Tras ela, un fragmento do poema Xan, tamén de Rosalía.
Momento de la lectura del poema «Xan».
Só uns minutos despois e entre aplausos chegou a quenda deste grupo de valentes do IES Paralaia con «Quen Puidese Namorala».
E tras a interpretación dos mozos, chegou o prato forte. Un concerto dos raperos ponteareáns Sondarúa. Sen dúbida, a guinda a unha mañá que ameazaba con choiva e que finalmente preferiu conterse e esperar ao fin de festa.