Unha reunión presencial a semana pasada no salón de plenos.

O líder de XM rexeitou a asistencia e di que «de momento non asistirei a ningunha mentres as autoridades da Xunta de Galicia non digan o contrario»

O final do estado de alarma trouxo con sigo, non só inconsciencia nas rúas, senón tamén as sesións presenciais nos órganos colexiados municipais. Moaña celebrou onte pola tarde, novamente e de maneira presencial no salón de plenos, as comisións de Urbanismo, Medio Ambiente, Promoción Económica e Turismo e a de Obras e Servizos, Patrimonio, Cultura e Atención Cidadá.

Fíxoo coa presenza só dun partido da oposición, o PP, xa que o líder de XM, Javier Carro, renunciou a acudir porque o goberno local «comunicou a última hora» que sería presencial «cando a normativa vixente en Galicia posta ao dispor de calquera persoa dixo claramente, reunións de non conviventes no exterior 6 persoas e no interior 4 persoas, así que de momento non asistirei a ningunha mentres as autoridades da Xunta de Galicia non digan o contrario», explica Carro.

Pola súa banda, desde o executivo moañés aseguran que xa no decreto do mes de outubro informábase de que as sesións telemáticas manteríanse mentres durase o estado de alarma, unha cuestión da que «xa se adverteu tamén no último pleno». Aínda así, a alcaldesa, Leticia Santos, asegura que están a ver coa Secretaria municipal se ao manterse a emerxencia sanitaria decretada pola Xunta poden retomar o modo telemático.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *