O 20 de xuño terá lugar a primeira edición da Feira Vida Saudable tamén na Xunqueira

Achégase o verán e, se a situación epidemiolóxica o permíte, Moaña contará cun extenso cartel de actividades como aperitivo. A concellería de Promoción Económica de Moaña inclúe este concerto dentro do programa de actividades da Festa da Diversidade deste ano 2021 que terá lugar os días 5 e 6 de xuño no arboredo da Xunqueira. O concerto de Broken Peach será o sábado, de acceso libre e de balde ata completar aforo. O domingo, ás 12:30 horas, a actividade trasladarase ás escaleiras da Rúa Navarra, no Real, cunha intervención pictórica feita polos alumnos do Bacharelato de Artes no que tamén intervirá o colectivo da diversidade moañés e estará dixida por Luz Veloso.

Poucos días despois, o 20 de xuño, celebrarase a primeira edición da Feira Vida Saudable tamén na Xunqueira. Unha iniciativa nova que agrupará 25 postos de artesanía relacionados con este tipo de cultura zen e da relaxación. Durante estes dous días están previstos obradoiros de cerámica, clases de ioga para nenos e adultos e un flash mob de Bollywood.

A semana seguinte, o 27 de xuño, chegará Moaña Antiqua, que nesta edición se reduce a un só día. Haberá ruta guiada, terá lugar a presentación do libro do moañés Manuel Uxío «Os mecenas da igrexa de San Martiño», actuará a banda de música de Moaña Airiños do Morrazo, haberá actividades infantís e prevese a actuación da violonchelista Margarida Mariño ás 19:30 horas. Ademais dos días, tamén se reducirá o número de postos que, como máximo, será dunha trintena.

30 de maio, Arte na Illa

O parque de Sametolameu será este ano o escenario que acollerá a XVI Feira tradicional de artesanía Arte na Illa o domingo 30 de maio, que nesta ocasión está coorganizada pola Asociación Meiramar Axóuxeres e o Concello de Moaña, encargado de financiar a actuación principal de folk Tres Tristes Tigres ás 20:00 horas. O pregón desta edición darao a actriz Iria Pinheiro pero tamén participará a Orquestra Pantasma, haberá cantos de taberna, obradoiros abertos ou un recital de poesía da man de Dani Costas e Iria Medraño. Como é habitual, non faltará a actuación de Meiramar Axóuxeres.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *