o Concello de Moaña está a organizar un ciclo de charlas para divulgación do
uso da Bicicleta na estratexia de mobilidade sostible que prevé o seu PMUS. Ditas charlas serán abertas ao público e se prevé que se realizarán os días 8 e 15
de outubro de 2021 no salón de plenos do Concello, como actos previos á festa da
bicicleta que se celebrará o día 17 a cal costuma ter moito éxito de participación.

O programa abrirase o día 8 ás 19.00 donde o Concelleiro de Mobilidade, Rodrigo Currás, explicará aos asistentes os obxectivos das charlas que son divulgar o uso da bicicleta no territorio municipal con fins de mobilidade, beneficios nos tempos de desprazamento, na saúde e para reducir o tráfico e baixar a pegada de carbono.

Nelas intervirán o presidente da Asociación Ciclista local Punta Fondón e o Ciclista profesional moañés Delio Fernández Cruz para explicar a experiencia e dificultades do uso da bicicleta actualmente, facendo fincapé na convivencia entre bicicleta-peóns e bicicleta-vehículos, en hábitos aconsellables de educación vial, chamando a atención para posibles melloras que ven necesarias en viais ou infraestructuras no territorio municipal.

Intervirá tamén o enxeñeiro de camiños canais e portos Javier Vázquez
Rodríguez e o redactor do Plan de Mobilidade Urbana Sustentable de Moaña e responsable da área de mobilidade da consultora Eptisa Servicios de Ingeniería S.L. , para aclarar o papel da bicicleta na estratexia do mesmo (imbatibilidade nos tempos de desprazamento, beneficios na saúde das persoas e interese para reducir o tráfico e baixar a pegada de carbono). Para iso explicará os puntos fracos e fortalezas da infraestructura existente e poñerá sobre a mesa posibles solucións (novos carrís, ciclocalles, bicicleta eléctrica, etc.).

Mesa redonda para debate.

O día 15 abrirá ás 19.00 a segunda xornada o Concelleiro de Mobilidade dando agradecemento aos asistentes e chamando á mesa posibles solucións aos problemas apontados na charla anterior.

Intervirá a Enxeñeira Civil- Planeamento do Territorio Paula Teles (Oporto) con unha larga carreira de experiencias exitosas de mobilidade urbana en Portugal, para explicar exemplos e proxectos concretos da súa autoría que minimizan o uso do vehículo de combustión e melloran a calidade de vida dos cidadáns nos centros urbanos, coa vista posta nas bondades da bicicleta e nas infraestructuras adequadas para incentivar o uso da mesma.

De seguido, o/a representante técnico da AXI (Axencia Galega de Infraestructuras) aclarará as liñas de actuación para integrar o uso da bicicleta de mobilidade nas súas vías ou estratexias ao respecto, e analizar posibles encaixes técnicos cos plantexamentos concretos municipais que partan da charla anterior.

Nos próximos días darase a conhecer o cartel definitivo. Prevese que ditas charlas sexan retransmitidas en streaming en aberto a través do Facebook do Concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *