A rotonda que critica Carro.

O líder de XM, Javier Carro, critica a rotonda que o Concello pintou no cruzamento de San Lourenzo e a rúa A Granxa coa Travesía de Palmás e cualifícaa de «ridícula» e «sen razón de ser». Asegura que é imposible de respectar ao estar a apenas 8 metros «e no medio» do xiro a unha caseta de autobuses para os nenos que acoden á escola.

«Cando xa fai mais dun ano que solicite en comisión que todos as cruces da nosa parroquia fosen pintados para deixar claro as preferencias e os stop e cedas, non era isto o solicitado», aclara Carro e apunta a que «debeu ser o solicitado por unha asociación de veciños de Domaio». «É unha auténtica aberración e gustaríame saber de onde a sacaron», apostila.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *