O Concello de Moaña organiza as xornadas «Habitar o peri urbano, as rúas azúis: Plan Piloto» o venres 3 de febreiro ás 19:30 horas no salón de plenos do Concello. Organizada pola concellería de Mobilidade, descríbena como unha conversa ao redor das «peculiaridades da paisaxe das Rías Baixas e un modo pragmático de mellorar a calidade de vida».
As xornadas estarán presentadas polo concelleiro de Mobilidade, Rodrigo Currás, e intervirán a doutora en arquitectura e paisajista, Miram García; o arquitecto e urbanista Luciano G. Alfaya e o autor do proxecto do Camiño Real Martín Barreiro Cruz.