A súa principal reivindicación é o regreso das urxencias ao PAC de Moaña, pero tamén a cobertura das prazas vacantes e a necesidade dunha ambulancia de reforzo
O Concello de Moaña acolleu esta mañá unha nova reunión da Mesa Local da Sanidade na que se acordou unha nova mobilización prevista para o 25 de xaneiro ás portas do Parlamento de Galicia. Solicitarán autorización para poder manifestarse e, de non serlle concedida este mes, esa xornada realizarán a concentración diante do edificio da Xunta en Santiago.
Ademais, os colectivos asistentes a este órgano presidido pola alcaldesa, Leticia Santos, tamén decidiron prepararse para participar da manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para o 12 de febreiro na capital galega.
Finalmente, a Mesa valorou «positivamente» a resposta dos veciños durante as Festas e agradeceron que se manteña durante 57 semanas.