Parque infantil da Fraga.

A Concellería de Obras e Servizos de Moaña que dirixe a socialista Marta Freire adxudica o acondicionamento dos parques infantís da Paradela, o situado no rego do Inferno e o próximo ao Miradoiro da Fraga.

Dende quese procedeu hai uns meses á reapertura dos parques infantís o goberno local tipa como asignatura pendente proceder á contratación das obras de acondicionamento destas dúas áreas de xogo que permanecen pechadas ao público. Isto é posible agora grazas á entrada en vigor dos orzamentos municipais.

O estado do parque próximo ao Miradoiro da Fraga impedía garantizar un uso seguro por parte das persoas usuarias polo que dende o Concello decidiron manter o seu precinto ata rematar estas obras que se iniciarán nas próximas semanas. A actuación nesta área consiste en substituir o valado perimetral actual por outro de madeira técnica moito máis resistente (cuestión que realizará a brigada municipal), cubrir con céspede artificial a actual zona onde hai losetas de caucho completamente deterioradas, reparar os elementos existentes na área de xogo e instalar un novo elemento no parque que será unha torre con trepa.

No tocante ao parque situado no rego do Inferno, o cal tamén permanece pechado ao público pendente desta obra que imos realizar, priorizarse a mellora da accesibilidade e a instalación de elementos inclusivos atendendo así a unha proposta da veciñanza da zona. Nesta área de xogo construirase unha rampa de acceso que conectará a entrada norte do parque coa actual zona de xogo, reparase os actuais elementos de xogo substituindo as pezas dañadas por outras novas, instalaremos un columpio cesta que se caracteriza por ser un elemento inclusivo homologado o seu uso para crianzas en cadeiras de rodas…

Para o goberno municipal os parques infantís «son unha prioridade», di Freire. «Dende o ano 2015 temos realizado inversións moi importantes en distintas áreas de xogo situadas nos nosos barrios e parroquias e o noso compromiso é seguir priorizando o xogo seguro dos nosos nenos e nenas», conclúe.

As dúas obras ascenden á cantidade de 15.000 euros, impostos incluidos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *