Unha muller de mediana idade resultou ferida esta tarde, ao redor das 19.15 horas na Xunqueira, no paso de peóns máis próximo ao Concello. O condutor, de 47 anos, deu positivo na proba de alcoholemia con 0,85. A vítima tivo que ser trasladada ao hospital de Fátima polas feridas.
O suceso ocasionou gran expectación dada a hora en que se produciu e a cantidade de viandantes que nese momento atopábanse polo lugar.
Ademáis, un condutor de comida rápida, que circulaba por Concepción Arenal en sentido O Con resultou ferido ao caer da moto cando se lle cruzou un balón co que xogaban uns nenos á altura de O Pósito.