A familia da víctima, na tarde do sábado ás portas da vivenda do crime.

O fillo tamén está citado ese mesmo día para realizar un ofrecemento de accións

Segundo puido saber Morrazo Noticias, o vindeiro mércores 21 de xullo están citados no Xulgado de Cangas sete veciños da falecida Cándida Soaje nun episodio violento que aínda se está investigando. Será ás 10:30 horas pero media hora antes, ás 10:00 horas, farao o fillo da vítima, para que, se así o considera, poida realizar un ofrecemento de accións.

Este trámite ofrece a posibilidade ao prexudicado nun procedemento penal, que neste caso sería directamente o fillo, de formar parte do proceso de forma activa. Vén regulado na Lei de Axuizamento Criminal. É un acto que pretende informarlle da existencia dun procedemento aberto e ofrecerlle a posibilidade de participar de maneira activa no proceso, de perdoar ao agresor ou de non facer nin unha cousa nin a outra. Dar a elixir á vítima entre reclamar os danos e prexuízos sufridos, ou ben renunciar á restitución dos mesmos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *