Isto supoñerá o corte da subministración de auga este xoves de 9:30 a 14:30 horas
O Concello de Moaña, aproveitando as obras de humanización que se están executando na zona de Sisalde para acondicionar a contorna no que se levantará o novo centro de saúde, instalará un segundo bypass que permitirá que, en caso de avaría na rede que conecta co depósito de Almeixoada, os veciños continúen tendo servizo de auga do de Berducedo. O goberno local ha tomado esta decisión con motivo dos traballos de conexión que está a levar a cabo Aqualia para conectar á rede a nova rúa Elisa da Pena González.
Atendendo a estas obras, desde o Concello avisan aos veciños de que este xoves producirase un corte de auga de 9:30 a 14:30 horas. Afectará á Avenida da Xunqueira, cale curros Enríquez, a rúa de Sisalde, a Travesía Montenegro e a Rúa A Moca.