Un dos vehículos afectados.

A Policía Local de Moaña informa do roubo de polo menos en catro garaxes do municipio, dous en subterráneos da rúa Ramón Cabanillas, un en Daniel Castelao e outro en Almansa. Todo lles fai pensar, aínda que non o teñen confirmado, que podería tratarse dunha banda itinerante.

O cristal traseiro doutro vehículo roto.
Interior dun vehículo afectado.

Os cacos poderían acceder ao interior dos garaxes con mandos clonados. O botín, en principio de pouco valor, serían apenas algunhas moedas e os danos, rotura dos cristais dalgúns dos vehículos aparcados dentro. Ocorreu na madrugada do venres ao sábado.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí